Cargando resultados...
O Pontevedra, coa pólvora mollada en Ponteareas
O Pontevedra, coa pólvora mollada en Ponteareas
G24.gal
13/08/2022 22:56
O Pontevedra continuou cos partidos de preparación en Ponteareas onde se enfrontou ao Xuvenil, recén descendido á Preferente. O equipo de Antonio Fernández xerou moitas ocasións pero tivo a pólvora mollada.
Iso que no equipo titular meteu xogadores que van ser importantes ao longo da temporada. Ángel Bastoso, Soto, Borja Domínguez, Mario Ortiz, Rufo ou Brais Abelenda estiveron nese primeiro equipo que puxo o Pontevedra sobre o artificial de Pardellas.
Xa na segunda parte entraron Miguel Román, Calvillo, Yelko ou Charles. Nin con uns nin cos outros foron quen de marcar algún tanto co que o Memorial Cholo Sobral acabou con empate sen goles.