Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Pontevedra falla ocasións a esgalla e acaba perdendo en Pasarón (1-2)

O Pontevedra falla ocasións a esgalla e acaba perdendo en Pasarón (1-2)

A Ximnástica de Torrelavega estivo atinada no primeiro tempo e sobreviviu no segundo

G24.gal 03/09/2023 21:04

Mal comezo de campionato para o Pontevedra de Yago Iglesias, que perdeu na casa ante a Ximnástica de Torrelavega (1-2). Unha mala entrada no partido custoulle caro ao cadro galego que recibiu dous tantos moi cedo e na segunda metade acabou fallando infinidade de ocasións. 

Aos 20 minutos marcaba Javi Delgado e no 36 aumentaba a vantaxe Gándara. Polo medio Iglesias tivo que cambiar a Borja Domínguez por lesión e meter a Rufo. Xusto antes do descanso Yelko Pino anotaba de falta directa e dáballe vida ao Pontevedra.

No segundo tempo o equipo granate debruzouse sobre a portería de Sotres. O porteiro foi o heroe do cadro cántabro. E cando non era el o que interviña aparecían os paus, a defensa ou o desacerto local. Ocasións a esgalla desperdiciadas por un Pontevedra que lamenta a primeira derrota. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos