Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Pontevedra queda a un gol do ascenso á Primeira Federación

O Pontevedra queda a un gol do ascenso á Primeira Federación

O Betis Deportivo ripou un empate (1-1) e fixo boa a vantaxe que traía do Villamarín na ida

G24.gal 02/06/2024 19:56

Ao Pontevedra faltoulle un gol para conseguir o ascenso á Primeira Federación. Empatou no partido de volta ante o Betis Deportivo (1-1) e quedou eliminado no último chanzo. 

Partido de poucas ocasións o de Pasarón, co Betis moi concentrado defendendo o solitario gol da ida e cun Pontevedra ao que lle custaba moito superar liñas. Na primeira parte case non tivemos remates a porta. Só unha acción persoal de Jesús Rodríguez, o xogador da eliminatoria, e un par de accións polémicas en que se pediu penalti sobre Chiqui ou expulsión de Souleymane. 

A segunda parte seguiu polo mesmo camiño. Pasaban os minutos e ía medrando o nerviosismo. Máis cando Jesús Rodríguez, autor do gol no primeiro encontro, marcaba o 0-1 no minuto 74. Tiña que marcar dous goles o Pontevedra no cuarto de hora final e conseguiu un deles grazas a un remate de Rufo no 88. 

Quedaba o engadido para ir á procura do segundo, mais non chegou, e o Pontevedra quedou eliminado dun xeito moi cruel. Perdeu o ascenso directo na antepenúltima xornada ante o Ourense Club de Fútbol en Pasarón e perdeu a promoción diante da súa xente na derradeira eliminatoria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade