Yago Iglesias seguirá no Pontevedra
Yago Iglesias seguirá no Pontevedra
Charles reafirmou a confianza no de Ribeira para buscar o ascenso
Esta mañá Charles, director deportivo do Pontevedra, anunciou en rolda de prensa a continuidade de Yago Iglesias no banco granate para a seguinte temporada. O brasileiro afirmou que o de Ribeira era o "adestrador ideal" para o posto e que o ano pasado "fixo un moi bo traballo" mais que non acadou o ascenso "por un gol". Para Charles o equipo fallou nos dous últimos meses de competición, "cando non podía fallar" mais "houbo máis momentos bos que malos".
Con Yago manterase, polo de agora, o mesmo corpo técnico do ano anterior e un cadro de xogadores no que xa foron anunciadas varias continuidades, como: Borja, Garay, Edu, Dalisson, Vizoso, Charly, Chiqui ou Samu. Non obstante, Charles afirmou que aínda non estaba realizada a planificación para a vindeira temporada, posto que non tivera tempo para xuntarse con Yago.