Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Porriño métese na aristocracia europea

O Porriño métese na aristocracia europea

Clasificouse para os cuartos de final da EHF European Cup na súa primeira participación

Gañoulle con moita claridade os dous partidos ao Atzgersdorf 

G24.gal 19/01/2025 20:55

O Conservas Orbe Zendal Porriño xa está entre os oito equipos que se van xogar o título da EHF European Cup. Na súa primeira participación europea segue a facer historia o conxunto porriñés. Gañoulle os dous partidos ao Atzgersdorf austríaco con moita solvencia. A eliminatoria estaba sentenciada do partido de ida e na volta volveu gañar por dez goles de diferenza (28-18). 

Agora agardará ao sorteo para saber cal é o rival que lle toca en sorte. Os outros equipos da Liga Iberdrola quedaron eliminados. Haberá dous representantes do balonmán islandés (Valur e Haukar), dous equipos checos (Slavia Praga e Hazena Kynzvart), un grego (Ionias), un polaco (Urbis Gniezno) e un eslovaco (MSK Michalovce). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade