Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Porriño perde o duelo polo cuarto posto antes de afrontar os cuartos da European Cup

O Porriño perde o duelo polo cuarto posto antes de afrontar os cuartos da European Cup

Caeu na pista do Granollers por 27-23 e tamén deixou escapar o average no caso de empate a puntos

G24.gal 07/02/2025 22:22

O Conservas Orbe Zendal Porriño perdeu na pista do Granollers (27-23) na xornada anterior á viaxe a terras gregas onde afrontará os cuartos de final da EHF European Cup. Era un partido importante diante dun rival co que está pelexando pola cuarta posición na Liga Guerreras Iberdrola. Non só caeu o equipo galego senón que tamén perdeu o average en caso de empate final na clasificación porque no Porriño gañara o equipo galego por tres goles. 

O primeiro tempo foi igualado, con moitas alternativas no marcador (14-13). Micaela Casasola con cinco goles mantiña as porriñesas no partido. A dinámica mudou no segundo tempo cando o Granollers conseguiu marchar de catro goles (21-17) e chegou a ter unha máxima vantaxe de seis (23-17). O Porriño reaccionou pensando nese duelo particular (24-21) pero o cadro catalán acabou gañando por catro goles. Houbo dúas xogadoras, Guariero (8 goles) e Capdevila (7 goles), que resultaron imparables para a defensa do conxunto galego. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade