Publicador de contidos
Publicador de contidos

O porto da Coruña acolle este venres o simulacro dun ataque terrorista a un cruceiro

O porto da Coruña acolle este venres o simulacro dun ataque terrorista a un cruceiro

Haberá mobilización de medios por terra, mar e aire desde primeira hora

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 02/05/2024 16:57

As instalacións do porto da Coruña acollen este venres un simulacro dun ataque terrorista a un cruceiro.

O exercicio Marsec-24, organizado pola Armada unha vez ao ano, busca a colaboración entre os distintos organismos e axencias do ámbito marítimo, civil e militar.

Este venres, dirixidos pola Policía Nacional, estarán tamén a Armada, Salvamento Marítimo, a Policía Local, Capitanía Marítima, o 061, o 112 e a Autoridade Portuaria da Coruña.

Simularase un incidente terrorista a bordo dun cruceiro, polo que haberá mobilización de medios por terra, mar e aire desde primeira hora, informan fontes da organización. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade