O PP acusa o Goberno de depravar a democracia e levar España a un modelo coma o de Venezuela
O PP acusa o Goberno de depravar a democracia e levar España a un modelo coma o de Venezuela
Na Moncloa din que os populares deostan as institucións porque non recoñecen a lexitimidade das urnas
No Senado, o Partido Popular acusou o Goberno de depravar a democracia e de levar España a un modelo coma o de Venezuela.
Foi nunha tensa tirapuxa durante a sesión de control. A vicepresidenta primeira culpou os populares de non recoñeceren a lexitimidade das urnas.
Alicia García, PP, dixo: "En que país serio un presidente se apropia da democracia, do poder xudicial e ata da opinión libre dos cidadáns? En Venezuela, que é cara a onde nos encamiñan. O seu non é rexeneración democrática, é depravación democrática. E se non, demóstreno e cesen o fiscal xeral do Estado".
María Jesús Montero, vicepresidenta primeira do Goberno, respondeu: "Empecen por onde tiñan que empezar desde o principio, recoñecendo a lexitimidade das urnas e de Pedro Sánchez como presidente. Porque despois deostan as institucións e fanlle un dano terrible á democracia".