O PP insta o Goberno a aclarar o seu pacto de investidura con Bildu
O PP insta o Goberno a aclarar o seu pacto de investidura con Bildu
Os socialistas insisten en que non houbo condicións e chaman o PP a afastarse de Vox e dialogar co PSOE
No pleno do Senado, o Partido Popular instou o Goberno a aclarar o seu pacto de investidura con Bildu. Os socialistas insisten en que non houbo condicións e chaman o PP a afastarse de Vox e a dialogar co PSOE.
Mari Mar Blanco, senadora do PP, dirixíase así ao ministro de Presidencia e Xustiza: "Dígannos que é o que esconde o pacto encarapuchado con Otegi. Os españois sabemos que cando se pacta con Bildu o peor está por chegar. Pídolle que sexa valente e que recoñeza que detrás deste acordo indecente está o peor para as vítimas do terrorismo, como a saída dos presos das prisións e da Garda Civil do País Vasco e de Navarra. Non lles dá vergoña, aínda que só sexa pola memoria dos seus compañeiros asasinados?".
Félix Bolaños, contestolle: "A democracia acabou coa ETA hai dez anos, afortunadamente. Así que deixen a ficción, as esaxeracións, as hipérboles, as mentiras e dialoguemos. Non estean nas mans dos seus ultras e negocien co PSOE".