Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sumar e Más Madrid negan que Errejón fose militante de ningún dos dous partidos

Sumar e Más Madrid negan que Errejón fose militante de ningún dos dous partidos

Fontes de Más Madrid sinalan que Errejón rompeu todo tipo de vinculación política con este partido no momento en que integrou a lista do grupo Sumar para as eleccións xerais de 2023

O xa exdeputado de Sumar Iñigo Errejón e a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, á súa saída dunha sesión de control ao Goberno, no Congreso dos Deputados, o  pasado 16 de outubro (Fernando Sánchez / Europa Press). O xa exdeputado de Sumar Iñigo Errejón e a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, á súa saída dunha sesión de control ao Goberno, no Congreso dos Deputados, o pasado 16 de outubro (Fernando Sánchez / Europa Press).
G24.gal 25/10/2024 14:02

Tanto Sumar como Más Madrid negaron que o dimitido Íñigo Errejón fose neste momento militante de ningunha das dúas formacións a pesar de que foi fundador de Más Madrid en 2019 xunto á exalcaldesa da capital Manuela Carmena e portavoz de Sumar e membro da súa Executiva ata este xoves.

Así o aseguraron a EFE fontes de ambas as dúas formacións despois de que Errejón dimitise este xoves de todos os seus cargos políticos no medio de acusacións de violencia machista polas que a propia dirección de Sumar abriu xa un proceso interno.

Ata a súa renuncia, Errejón formaba parte da Executiva do partido Movemento Sumar e ademais era deputado e portavoz do grupo parlamentario plurinacional de Sumar, no que están integradas tamén as formacións EU, Compromís, os comúns, Más Madrid, a Chunta Aragonesista e Més per Mallorca.

Con todo, fontes de Sumar aseguran a EFE que Errejón non estaba afiliado nin militaba neste partido.

Pola súa banda, fontes de Más Madrid sinalan a EFE que Errejón rompeu todo tipo de vinculación política con este partido, que fundou con Manuela Carmena en 2019 co famoso 'pacto das empanadillas', no momento en que integrou a lista do grupo Sumar para as eleccións xerais de xullo de 2023.

Ata entón, segundo estas mesmas fontes, Errejón doaba diñeiro a Más Madrid (formación na que se presentou como deputado á Asemblea de Madrid en 2019) e tivo asesores deste partido mesmo na etapa en que exerceu como deputado de Más País no Congreso na anterior lexislatura.

Máis aló das súas vinculacións con Sumar, Más Madrid e Más País (partido que na práctica acaba de disolverse ao pasar os seus membros para Sumar), Errejón tivo tamén na súa carreira política un papel moi significativo en Podemos, partido do que foi un dos seus fundadores e que deixou en 2019 tras as súas fortes discrepancias con Pablo Iglesias, entón líder da formación violeta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade