O PP pídelle ao Goberno que financie o hidroduto Guitiriz-Zamora se queda excluído de novo dos fondos europeos

A ministra Teresa Ribera di que hai que respectar os prazos e que, de momento, están estudando a proposta de Enagás
O Partido Popular esíxelle ao Goberno que se comprometa a financiar o hidroduto Guitiriz-Zamora se queda excluído de novo dos fondos europeos.
A ministra Teresa Ribera di que hai que respectar os prazos e que, de momento, toca esperar.
José Manuel Balseiro, do PP, dixo no Senado: "O Goberno non tivo a vontade para defender a inclusión do tramo galego entre os proxectos de interese comunitario".
Teresa Ribera, ministra para a Transición Ecolóxica, respondeulle: "É certo que ese tramo quedou fóra, e sentímolo. Encargámoslle un informe a Enagás coa rede nacional de hidrodutos e estámolo estudando".
"Pedímoslle que se comprometa en sede parlamentaria a que o Goberno vai financiar ese hidroduto se queda outra vez sen fondos europeos", insistiu Balseiro.
"Non se preocupen, que queda moito futuro co hidróxeno verde", respondeu a ministra.