O PPdeG presenta os seus candidatos nas sete cidades para as vindeiras municipais
O PPdeG presenta os seus candidatos nas sete cidades para as vindeiras municipais
O presidente Alfonso Rueda apelou ao ADN gañador do Partido Popular
O Partido Popular de Galicia presentou este sábado os seus candidatos e candidatas nas sete cidades para as vindeiras eleccións municipais. Quedan aínda sete meses para eses comicios, pero o PPdeG pon en marcha toda a súa maquinaria para intentar recuperar poder urbano.
Marta Fernández-Tapias, en Vigo; Miguel Lorenzo, na Coruña; Manuel Cabezas, en Ourense; Elena Candia, en Lugo; Borja Verea, en Santiago; Rafa Domínguez, en Pontevedra e José Manuel Rey Varela, en Ferrol, serán os que aspiren a recuperar o Goberno nas principais urbes galegas.
Mais de 1.300 persoas asistiron a un acto, co lema central "somos maioría", no que o presidente Alfonso Rueda apelou ao ADN gañador do Partido Popular.