O PPdeG sostén que sae "máis reforzado" da Intermunicipal do partido
O PPdeG sostén que sae "máis reforzado" da Intermunicipal do partido
O PPdeG chamou desde a Intermunicipal do PP á remuda na Moncloa. A secretaria xeral dos populares galegos, Paula Prado, contrapuxo en Valladolid a presenza do PPdeG nos órganos de dirección do Partido Popular español coa pouca forza, dixo, dos socialistas galegos na executiva do PSOE, e coa división interna que afirmou amosa o Bloque Nacionalista Galego.
Segundo Prado, o PPdeG sae "aínda máis reforzado" para continuar o traballo "polos veciños e veciñas dos 313 concellos".
Dixo que os populares galegos demostraron "fortaleza" dentro da estrutura estatal do partido, mentres que defendeu que o PSdeG ten unha presenza "residual" na nova executiva do PSOE.
Respecto ao BNG, que celebra a súa Asemblea Nacional este domingo, dixo que mostra "ruptura e desunión", por contar con tres candidaturas, fronte á "unión" do PP, engade nun comunicado.