Publicador de contidos
Publicador de contidos

O presidente da CEOE denuncia que os acordos co Ministerio de Traballo non se cumpren

O presidente da CEOE denuncia que os acordos co Ministerio de Traballo non se cumpren

Antonio Garamendi responde á comparación con Milei e Trump que fixo Yolanda Díaz e dí que os empresarios non están en campaña electoral

G24.gal 12/04/2024 14:38

O presidente da Confederación de Empresarios denuncia que moitos dos acordos aos que chegan co departamento de Yolanda Díaz non se cumpren. A relación entre Garamendi e Díaz desgástase despois de que a ministra dixera que non é merecedor do seu posto pola súa proposta de que os traballadores se encarguen eles mesmos das cotizacións á seguridade social. Agora el responde. 

"Nós non estamos en campaña nin estaremos. A reflexión é que as cotizacións sociais son un activo dos traballadores. E é importante de que, á parte de que estean na nómina, que todo o mundo sexa consciente", di o presidente da CEOE.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade