Publicador de contidos
Publicador de contidos

O presidente ucraíno chega a Hiroshima para participar no cume do G-7

O presidente ucraíno chega a Hiroshima para participar no cume do G-7

Podería manter tamén encontros bilaterais con Joe Biden e cos primeiros ministros nipón e indio

Zelenski descende do avión francés en Hiroshima Zelenski descende do avión francés en Hiroshima
G24.gal 20/05/2023 09:28

O presidente ucraíno chegou este sábado a Hiroshima para participar na reunión de líderes do G-7 e doutros países convidados que se celebra na cidade nipoa.

Volodímir Zelenski viaxou nun avión do Goberno francés procedente de Ieda (Arabia Saudita). Está previsto que participe en varias xuntanzas do cume e celebre encontros bilaterais.

O líder ucraíno foi recibido cunha alfombra vermella por Seiji Kihara, secretario adxunto do gabinete do primeiro ministro nipón, Fumio Kishida, e unha ampla despregadura de persoal diplomático xaponés e de seguridade. 

"Xapón. G-7. Importantes reunións con socios e amigos de Ucraína. Seguridade e cooperación reforzada para a nosa vitoria. A paz estará máis preto hoxe", dixo Zelenski a través da súa conta de Twitter minutos despois da aterraxe da aeronave.

En concreto, agárdase que interveña en discusións con líderes do G-7 sobre apoio militar a Ucraína e sobre unhas eventuais negociacións para a paz.

Tamén podería reunirse co presidente dos EUA, Joe Biden, co primeiro ministro nipón ou co primeiro ministro indio, Narendra Modi, nas marxes do cume.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade