Publicador de contidos
Publicador de contidos

O prezo da gasolina segue subindo e xa se achega ao seu récord pese ao desconto

O prezo da gasolina segue subindo e xa se achega ao seu récord pese ao desconto

Segundo os datos difundidos polo Boletín Petroleiro da Unión Europea, a gasolina véndese en España a unha media de 1,768 euros o litro, mentres que o gasóleo faino a 1,652 euros

A suba dos combustibles non fai baixar o seu consumo

G24.gal 02/06/2022 10:36

O prezo da gasolina subiu por sexta semana consecutiva e achégase ao seu máximo pese ao desconto de 20 céntimos por litro aprobado polo Goberno, mentres que o gasóleo segue á baixa.

Segundo os datos difundidos polo Boletín Petroleiro da Unión Europea, a gasolina véndese en España, aplicado xa o desconto, a unha media de 1,768 euros o litro, mentres que o gasóleo faino a 1,652 euros.

Se se exclúe o desconto aprobado polo Goberno, a gasolina marcaría un récord, cun prezo de 1,968 euros o litro; mentres que o gasóleo acadaría o seu quinto prezo máis alto da historia, con 1,852 euros.

A gasolina sobe un 1,6 % respecto á semana anterior; mentres que o gasóleo é un 0,9 % máis barato tras caer por terceira semana consecutiva.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar