Publicador de contidos
Publicador de contidos

A inflación sobe ao 1,8 % en outubro polo encarecemento dos carburantes

A inflación sobe ao 1,8 % en outubro polo encarecemento dos carburantes

A inflación subxacente, a que non inclúe os alimentos frescos nin os produtos enerxéticos, aumentou unha décima, ata o 2,5 %

A economía española medra un 0,8 % no terceiro trimestre grazas ao consumo de fogares

G24.gal 30/10/2024 09:01

A inflación subiu ao 1,8 % na súa taxa anual en outubro segundo o avance do Índice de Prezos de Consumo (IPC) publicado polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Son tres décimas máis que en setembro, debido ao aumento dos prezos dos carburantes.

A evolución tamén reflicte, aínda que en menor medida, a alza dos prezos da electricidade e do gas, que baixaron en outubro de 2023.

A inflación subxacente, a que non inclúe os alimentos frescos nin os produtos enerxéticos, aumentou unha décima, ata o 2,5 %.

O consumo dos fogares impulsa a economía no terceiro trimestre do ano

A economía española creceu un 0,8 % no terceiro trimestre de 2024, a mesma taxa que nos tres meses precedentes, grazas á fortaleza do consumo dos fogares e a pesar da contribución negativa do sector exterior polo aumento das importacións.

De acordo cos datos de contabilidade nacional publicados este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE), o crecemento sustentouse na demanda interna (consumo e investimento), que achegou 0,9 puntos, mentres que a demanda externa (exportacións e importacións) resta 0,1 puntos.

O consumo das familias aumentou un 1,1 % e o das administracións públicas, un 2,2 %, mentres que as exportacións soben un 0,9 % e o investimento cae un 0,7 %. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar