Investigada por ameazas a bolseira que denunciou a Nacho Cano
Investigada por ameazas a bolseira que denunciou a Nacho Cano
A maxistrada cítaa a declarar para o 12 de decembro
Un xulgado de Madrid citou como investigada, por un presunto delito de ameazas condicionais ao equipo do espectáculo Maliche, a bolseira que denunciou a Nacho Cano por un delito contra os traballadores e dos estranxeiros.
A titular do xulgado de instrución que abriu dilixencias cítaa como investigada para o 12 de decembro. A maxistrada afirma nun auto que "os feitos (...) presentan características que fan presumir a posible existencia dunha infracción penal", e cita á denunciada como investigada por un posible delito de ameazas condicionais. Estas ameazas son as que implican anunciar un mal condicionado ao cumprimento dun comportamento por parte do ameazado.
O Xulgado de Instrución número 22 é no que recaeu a denuncia que interpuxeron os letrados de Nacho Cano contra a bolseira por presuntas ameazas, anexando unhas mensaxes de WhasApp nos que, segundo a denuncia, Lesly ameazaba e chantaxeaba a unha integrante do equipo de Malinche pedindo 6.000 euros por non denuncialos, así como unha carta de recomendación de Nacho Cano.
Esta causa é diferente á que se segue no Xulgado de Instrución número 19 contra Nacho Cano e tes integrantes do equipo de Malinche por presuntos delitos contra os traballadores e os estranxeiros, na que a bolseira estaba chamada a declarar o pasado día 28, pero pediu pospoñer a súa declaración ata o día 14 de novembro para ter avogado.