O prezo do cordeiro dispárase pola demanda para o Nadal
O prezo do cordeiro dispárase pola demanda para o Nadal
Os exemplares de menos de cinco quilos poden chegar a 150 euros/canal
Criar os animais en outono dispara os custos nas granxas pola falta de pasto
O Nadal, xunto co verán, é o momento de máis consumo de carne de año. O problema é que os cordeiros galegos nacen na primavera e consómense con poucas semanas de vida. Por iso, telos criados para Nadal supón un esforzo económico para os gandeiros que tamén se reflicte no prezo que paga o consumidor final.
"Hai que modificar a época de fertilidade e contar con que o pasto escasea nesta época.", di Raquel González, técnica de OVICA
Nas carnicerías xa levan días notando un aumento da demanda. Nunha carnicería ecolóxica de Friol apostan por manter o prezo e non subilo na tempada de Nadal. Iso si, a cotización é elevada pola salubridade e calidade da carne e porque en Galicia aínda hai poucos provedores e un mercado escasamente organizado. Tamén se aposta por elaboracións máis alternativas.
"Pódense facer espetos, pequenas hamburguesas e outras elaboracións que acheguen a xente nova á carne de año.", sinala Isabelle Gómez, de Traloagro
Os años máis valorados son os que pesan menos de cinco quilos e que poden chegar ata os 150 euros por canal.