Publicador de contidos
Publicador de contidos

Centos de persoas reciben a Ibai Llanos no Obradoiro tras completar o Camiño

Centos de persoas reciben a Ibai Llanos no Obradoiro tras completar o Camiño

O 'streamer' percorreu máis de 164 km do Camiño Francés xunto a Xokas e os seus adestradores, documentando a viaxe na súa canle de YouTube

Ibai e Xokas contemplan a Catedral
G24.gal 04/12/2024 20:18

O streamer vasco Ibai Llanos, acompañado polo lucense Xokas, chegou este mércores a Santiago tras percorrer máis de 164 quilómetros do Camiño. Á súa chegada foron recibidos por todo o alto por centos de persoas na praza do Obradoiro.

Había euforia pola súa aparición, que alcanzou visiblemente fatigado, aínda que alegre. Foi aclamado con gritos de "grande" e "bravo" pola xente que estaba agardando na praza, pero xa desde algúns quilómetros atrás, contaba cun grupo de seguidores que decidira acompañalo no tramo final. Os máis afortunados puideron sacar unha foto con ambos os dous.

Despois, Ibai e Xokas entraron á Catedral para poder visitala, e a pesar de que moitos esperaban a súa saída, isto non sucedeu, polo menos polo acceso no que moitos formaron cola, xusto na entrada do Pazo de Xelmírez.

Os que alí agardaban escoitaron outros seguidores dicir que marchara por outro lugar.

Ibai Llanos, que conta con máis de 15 millóns de seguidores en redes como Instagram, X ou Twitch, decidiu emprender esta viaxe en pleno proceso de cambio físico. Así, empezou esta aventura o 27 de novembro. "Nunca na miña vida me enfrontara a nada semellante" afirmou.

O Camiño de Ibai está totalmente documentado por el mesmos na súa canle de YouTube, na que continúa subindo os vídeos das últimas etapas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade