Publicador de contidos
Publicador de contidos

O prezo do leite en orixe leva cinco meses de baixada

O prezo do leite en orixe leva cinco meses de baixada

As granxas de tamaño medio cobran 300 euros menos por día respecto a xaneiro

Os gandeiros ven inxustificada a redución e reclaman negociacións

G24.gal 08/09/2023 10:57

Concentrados, palla, combustible... os custos de produción das granxas non deixan de subir e os prezos do leite non deixan de baixar. Nalgúns casos xa se cobran dez céntimos menos por litro respecto do que se cobraba en xaneiro. A viabilidade das explotacións volve estar en risco e a escaseza de forraxes agrava a situación.

As industrias levan cinco meses baixando os prezos e nos contratos que se van renovar en novembro xa figuran cantidades por baixo dos 50 céntimos/litro por vez primeira no ano. Os gandeiros ven inxustificada a baixada porque o prezo dos lácteos nos lineais segue subindo.

Os gandeiros reclaman un estudo que recolla os custos reais de produción e uns prezos axeitados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade