O primeiro móbil, mellor aos dezaseis anos

Cada vez máis menores teñen o seu primeiro móbil antes dos doce anos

Adicción, falta de concentración, problemas de autoestima e mesmo agresividade causadas polo móbil

G24.gal 18/11/2023 20:48 Última actualización 18/11/2023 21:51

O 75,5% dos nenos e nenas en España, segundo datos do INE, teñen o seu primeiro móbil aos 12 anos. A psicóloga Vanesa Hernández establece a idade máis axeitada para telo.

"O todo completo, incluíndo redes sociais, aí si deberiamos pensar nunha idade como a que se está falando dos dezaseis anos."

Antes desa idade atopamos menores cun cerebro en pleno desenvolvemento, que son incapaces de filtrar toda a información que lles chega a través destes dispositivos. A iso únese o seu uso inadecuado.

"Os pais e nais na consulta preocúpanse porque dorme mal, porque está cun estado de ánimo baixo, porque o ven con carraxe, enfado e ansiedade ou porque o rendemento académico é diferente", relata Vanesa Hernández.

Moitos expertos e moitas familias consideran que é un deber social afondar nesta problemática para poñerlle freo, e que é necesario dar exemplo no modo de usalo.

"Moitos veces os pais queixámonos do uso e do abuso que fan os menores do móbil e ás veces somos nós mesmos os que estamos nun xantar e temos o móbil ao lado."

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade