Publicador de contidos
Publicador de contidos

O primeiro premio da Lotaría Nacional deixa 1,5 millóns de euros na Coruña

O primeiro premio da Lotaría Nacional deixa 1,5 millóns de euros na Coruña

A administración número 33, en San Nicolás, vendeu dez décimos do número premiado

G24.gal 11/01/2025 20:06

Un millón e medio de euros. Esa é a cantidade de cartos que deixou o primeiro premio da lotaría nacional este sábado na cidade da Coruña. O número agraciado foi o 30625. A administración número 33, en San Nicolás, vendeu dez décimos.

O premio foi moi ben recibido entre a clientela e a veciñanza da zona, pero non se coñece polo momento quen poden ser os afortunados con este primeiro gran premio do ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade