Publicador de contidos
Publicador de contidos

O programa especial dos Fogos do Apóstolo foi unha das emisións máis vistas en Galicia

O programa especial dos Fogos do Apóstolo foi unha das emisións máis vistas en Galicia

A partir das 23:30 da noite foi cando máis televidentes sintonizaron a TVG, coincidindo co inicio dos Fogos do Apóstolo

G24.gal 25/07/2022 12:22

O programa especial dos Fogos do Apóstolo da pasada noite foi unha das emisións máis vistas no día de onte en Galicia. O espazo conducido por Noelia Rey, Alba Mancebo e Arturo Fernández dende a praza do Obradoiro foi visto por 300.000 persoas, cun share que superou o 24 %.

A partir das 23:30 da noite foi cando máis televidentes sintonizaron a TVG, coincidindo co inicio dos Fogos do Apóstolo que iluminaron o ceo de Santiago, deixando imaxes espectaculares. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade