Os Fogos do Apóstolo deste ano reducen as súas localizacións a tres puntos da cidade
Os Fogos do Apóstolo deste ano reducen as súas localizacións a tres puntos da cidade
Os fogos serán lanzados no parque da Alameda, no parque de Carlomagno e na Cidade da Cultura
A empresa encargada dos fogos indica que os chamados 'fogos pequenos' do día 31 serán bastante podentes este ano
Achéganse os Fogos do Apóstolo. Este ano o espectáculo da noite do 24 localízase só en tres puntos da cidade.
Espectaculares e coloridos coma sempre, pero máis concentrados. A noite do 24, se queren coller o mellor sitio para gozar do espectáculo dos Fogos do Apóstolo, teñan en conta que se reduce o número de localizacións a só tres: o parque da Alameda, o parque de Carlomagno e a Cidade da Cultura.
O espectáculo pirotécnico ten tamén este ano un presuposto un pouco máis reducido: uns 217.000 euros, é dicir, trece mil euros menos que o ano pasado. Aínda así, desde a empresa catalá que se encarga dos fogos, tamén a mesma que en 2023, anuncian que efectos non van faltar nos 18 minutos que vai durar o espectáculo.
A empresa encargada dos fogos, que xa participou en eventos como os Xogos Olímpicos de Barcelona ou o Mundial de Fútbol do Brasil, leva tempo deseñando o espectáculo. De feito probarán aquí en Santiago efectos que despois irán a París.
3.600 quilos de pólvora que lle porán cor e brillo á noite do 24, pero, atención, porque prometen que os chamados 'fogos pequenos', no parque da alameda, o día 31, van ser tamén moi potentes.