Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comezan as Festas do Apóstolo cos hoteis ao 100 % e as rúas ateigadas

Comezan as Festas do Apóstolo cos hoteis ao 100 % e as rúas ateigadas

O espectáculo pirotécnico terá cinco puntos distintos de lanzamento e será de novo un dos pratos fortes

G24.gal 22/07/2022 14:36 Última actualización 22/07/2022 14:53

Comenzaron as Festas do Apóstolo en Santiago e a capital galega prepárase para celebrar o día grande de Galicia. Moito ambiente nas rúas e hoteis cheos. Ademais hoxe coñecemos os detalles do espectáculo pirotécnico da noite do 24.

Serán 15 minutos de espectáculo pirotécnico dinámico e ininterrompido, coa novidade este ano de que serán fogos continuos, sen parar, e cun final único segundo desvelaron os responsables da empresa pirotécnica.

En total, 2.500 quilos de material pirotécnico repartidos entre cinco localizacións (a Alameda, a Cidade da Cultura, o parque Eugenio Granell, o parque Carlomagno e As Cancelas), para chegar a máis persoas.

Santiago quece así motores para o seu día grande, para as Festas do Apóstolo, e iso nótase nas rúas ateigadas de xente e nos hoteis, onde se roza o 100 por cento de ocupación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade