Publicador de contidos
Publicador de contidos

O programa 'Obesidade Zero' busca crear hábitos saudables e reducir o exceso de peso

O programa 'Obesidade Zero' busca crear hábitos saudables e reducir o exceso de peso

A metade da poboación galega ten exceso de peso (39 %) ou obesidade (16 %)

A plataforma online Sanidade Mediaverso promove hábitos saudables

G24.gal 16/03/2024 12:24 Última actualización 16/03/2024 12:47

O 39 % da poboación galega ten exceso de peso e o 16,5 % obesidade. Son datos da Enquisa Europea de Saúde 2020, a partir dos que se elaborou o plan Obesidade Zero para favorecer estilos de vida saudables.

"É dicir, en alimentación equilibrada, en actividade física, en benestar emocional e en sono. O sono é moi importante, hai moita evidencia científica de que durmir as horas necesarias e deitarse cedo prevén e reduce o exceso de peso e a obesidade", explica Silvia Suárez Luque, subdirectora xeral do programa de fomento de estilos de vida saudables.

O proxecto aprobouse hai ano e medio. Lévase a cabo en centros escolares, laborais e na Internet, a través da plataforma Sanidade Mediaverso, cun planificador de comidas ou un programa de actividade física para realizar en familia.

"O obxectivo do plan é que a opción saudable sexa a máis fácil de elixir. E Sanidade Mediaverso busca que sexa a máis divertida. Trátase dunha plataforma que utiliza as ferramentas tecnolóxicas para promover este estilo de vida saudable".

O plan Obesidade Zero vén de recibir un premio da Estratexia Naos, da axencia Española de seguridade alimentaria e Nutrición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade