Publicador de contidos
Publicador de contidos

Traballadores de Ence agradecen a empresas e industrias de Pontevedra o seu apoio á continuidade da fábrica

Traballadores de Ence agradecen a empresas e industrias de Pontevedra o seu apoio á continuidade da fábrica

O próximo martes o Tribunal Supremo decidirá sobre a presenza de Ence en Lourizán

G24.gal 03/02/2023 14:46

O próximo martes o Tribunal Supremo analizará a continuidade da planta de Ence en Lourizán. A catro días, os traballadores convocaron un acto para agradecerlles a empresas e industrias de Pontevedra o seu apoio durante estes anos.

Quixeron agradecer o apoio dos diferentes axentes sociais á biofábrica durante estes anos. Para os empresarios, é un piar do tecido industrial galego. 

Aseguran que hai en risco cinco mil empregos indirectos que xustifican a presenza de Ence na ría pontevedresa. 

Tras anos de loita dos traballadores nas rúas e nos tribunais, o próximo martes o Tribunal Supremo decidirá definitivamente sobre o futuro da planta. 

Para o Goberno central, se o Supremo é contrario á prórroga, non hai plan B. Os traballadores critican a postura do executivo. 

Os maxistrados decidirán sobre os recursos presentados pola empresa contra as sentenzas da Audiencia Nacional que declararon nula a prórroga de concesión e que ordena a saída da factoría de Lourizán para finais deste ano. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos