Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PSdeG apraza á semana que vén a decisión de entrar ou non no goberno de Santiago

O PSdeG apraza á semana que vén a decisión de entrar ou non no goberno de Santiago

PSdeG e BNG ultiman xa o acordo en Lugo e din que haberá poucos cambios na coalición

Primeira xuntanza entre socialistas e nacionalistas na Coruña para a reelección de Inés Rey

A nacionalista Goretti Sanmartín e a socialista Mercedes Rosón, á saída da xuntanza de hoxe
G24.gal 08/06/2023 14:38

A nacionalista Goretti Sanmartín terá que agardar á semana que vén para saber se o PSdeG decide entrar no Goberno de Santiago. Pola contra, Lugo é a cidade galega onde o pacto de goberno semella estar máis avanzado para reeditar o goberno que encabeza a socialista Lara Méndez.

Na Coruña, primeiro encontro PSOE-BNG coa incógnita de se será simplemente un acordo de investidura para que a socialista Inés Rey siga gobernando en solitario ou ben un pacto para formar un goberno de coalición.

En Pontevedra está prevista unha xuntanza ás cinco do PSOE e o BNG para abordar a reelección do nacionalista Fernández Lores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos