O PSOE comeza a defensa legal dalgúns dos deputados sinalados no caso Mediador
O PSOE comeza a defensa legal dalgúns dos deputados sinalados no caso Mediador
Mantén que hai un único implicado na presunta trama corrupta e que xa foi expulsado do partido
O PSOE comezou a preparar a defensa legal dos deputados sinalados no caso Mediador e mantén que hai un único implicado, que xa foi expulsado.
O único encarcerado é un xeneral da Garda Civil, e sobre iso pronunciouse a ministra de Defensa. Margarita Robles di que non tiveron ningún contacto con el e que os contratos que adxudica o ministerio cumpren todo os requisitos. Di estar "escandalizada" por este caso.
En Unidas Podemos queren investigar o caso politicamente e cren que debería impulsalo o PSOE voluntariamente. Non apoiarán a Comisión que pide o Partido Popular. Din que non aceptan leccións do "partido máis corrupto de Europa".
O PP vai aproveitar xa o próximo pleno do Congreso para pedirlle explicacións ao Goberno. Preguntaranlle ao ministro do Interior cando coñeceu a investigación ao exdeputado socialista Juan Bernardo Fuentes. E recoméndanlle ao presidente do Goberno que compareza a petición propia.
No Executivo din que actúan con absoluta transparencia. E a vicepresidenta primeira Nadia Calviño ordenou abrir unha investigación interna na Fundación Internacional que preside para estudar os contactos mantidos coa presunta trama.