Publicador de contidos
Publicador de contidos

Gamarra di que o PSOE "vai asinar a súa acta de defunción" no Congreso Federal

Gamarra di que o PSOE "vai asinar a súa acta de defunción" no Congreso Federal

A secretaria xeral do Partido Popular di que ese Congreso "aniquilará o socialismo para mutar cara ao sanchismo"

Gamarra tamén cualificou de "indecente" o pacto do PSC e ERC sobre o financiamento de Cataluña 

G24.gal 07/09/2024 14:45 Última actualización 07/09/2024 15:00

A secretaria xeral do Partido Popular asegurou este sábado que o PSOE "asinará a súa acta de defunción" no Congreso Federal e que "aniquilará o socialismo para mutar cara ao sanchismo".

Nun acto en Soria, Cuca Gamarra tamén cualificou de "indecente" o pacto do PSC e ERC sobre o financiamento de Cataluña e acusou a Pedro Sánchez de "poxar a prazos" o Estado. 

"O Congreso convocado é para aniquilar o socialismo e mutar definitivamente cara o sanchismo, iso é o que convocaron hoxe (...). O concerto separatista o que significa é menos solidariedade, menos cohesión, menos vertebración territorial, a cambio de poder. Vímolo coa amnistía e estámolo a ver agora co concerto separatista, co cuponazo independentista", di Cuca Gamarra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade