Publicador de contidos
Publicador de contidos

O prezo do ouro subiu arredor dun 20 % no que vai de ano

O prezo do ouro subiu arredor dun 20 % no que vai de ano

É un valor refuxio tradicional que gaña adeptos en momentos de incerteza

G24.gal 07/09/2024 14:21 Última actualización 07/09/2024 14:47

Canta máis incerteza económica e xeopolítica hai, máis tende a subir o prezo do ouro. Custa máis porque se demanda máis. É un activo refuxio tradicional. Os bancos centrais, por exemplo, triplicaron as compras de ouro desde que estalou a guerra en Ucraína.

No establecemento de compravenda de ouro máis antigo actualmente en funcionamento en Santiago tamén aprecian un interese crecente entre os pequenos aforradores.

"As contas bancarias non che dan nada, os investimentos cada vez teñen máis riscos, para investir en bolsa hai que ter unha serie de coñecementos... Pola contra, o ouro é algo moi sinxelo e cunha liquidez grande. Cómpralo e o mesmo día pódelo vender sen ningún problema", explica o xerente de Rentagold, José Manuel Iglesias.

José Manuel Iglesias di que teñen clientela que compra só un gramo e que o perfil máis recorrente de comprador é o dun home novo.

"Sobre todo son mozos, arredor dos corenta anos. Desde os vinte e tantos aos corenta e tantos, creo que é o grupo de xente máis interesada en investir en ouro", asegura o xerente de Rentagold.

No que vai de 2024 o prezo do ouro subiu arredor dun 20 %. A mediados de agosto, e por primeira vez, a onza chegou aos 2.500 dólares. A perspectiva é que o prezo deste metal manteña a tendencia alcista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos