Cargando resultados...
O aforro galego case duplica os créditos
O aforro galego case duplica os créditos
Os depósitos superan os 82.500 millóns de euros, fronte aos 48.000 millóns emprestados
Félix Aragunde
24/09/2024 20:08
Última actualización 24/09/2024 20:16
Os depósitos nos bancos suman xa en Galicia catro anos consecutivos de alzas. Segundo o Banco de España, superan os 82.500 millóns de euros. Con 2.700 millóns máis ca o ano anterior, acadan o seu máximo histórico.
A día de hoxe, o aforro dos galegos practicamente duplica os créditos bancarios. A contía que deben achégase xa aos 48.000 millóns de euros.
Nos últimos catro anos, o aforro galego incrementou nuns 15.700 millóns de euros. É dicir, un 23,5 %. Neste sentido, sitúase na media das comunidades autónomas no ámbito estatal. En troques, tocante aos créditos, Galicia lidera a táboa, cun aumento por riba do 15 %.