Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os gastos escolares aumentan nuns catrocentos euros por fillo este ano, segundo a OCU

Os gastos escolares aumentan nuns catrocentos euros por fillo este ano, segundo a OCU

O custo anual por neno supera os 2.500 euros de media

Os gastos escolares aumentaron un 13 por cento con respecto ao ano pasado, uns catrocentos euros

G24.gal 07/09/2024 14:40

O comezo do curso escolar é un desas datas temidas polos pais, e con razón. Segundo un informe da Organización de Consumidores e Usuarios (OCU), realizada entre 900 socios, o custo dos gastos escolares subiu de media un trece por cento con respecto ao ano pasado. Os prezos van desde os 1.200 euros anuais por fillo nun centro público a seis veces máis nun colexio privado.

"As familias españolas van ter que dedicar este ano máis presuposto aos gastos escolares. A cifra ascende a máis de 2.580 euros. Iso significa catrocentos euros de máis respecto ao ano pasado", indica Ileana Izverniceanu, voceira da OCU.

Segundo varias estimacións, os pais galegos terán que pagar 390 euros por fillo só en roupa, libros e material escolar. Iso só para arrincar o curso. Pero se ademais engadimos o prezo do comedor, actividade e excursións, tal como recolle a OCU, os gastos dispáranse ata 800 euros máis de media nun centro público. No caso dun concertado, por mor do custo da matrícula, poderían ser tres mil euros máis.

"Recomendamos facer moitos números para que esta cifra baixe e tamén ter en conta o consumo colaborativo e que moitas comunidades autónomas teñen avanzado un sistema de gratuidade e empréstito de libros", comenta a voceira da Organización de Consumidores e Usuarios.

A OCU sinala que os gastos escolares dependen de varios factores: da zona da península, no que  Galicia queda por debaixo da media; do ciclo educativo, máis caro canto máis avanzado, pero sobre todo do carácter público ou non do centro educativo. 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade