Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PSOE informa a Bruxelas do "cambio de postura" de Feijóo sobre os indultos

O PSOE informa a Bruxelas do "cambio de postura" de Feijóo sobre os indultos

A presidenta do grupo parlamentario socialista facilita á vicepresidenta comunitaria de Valores e Transparencia e ao comisario de Xustiza unha compilación dos artigos dos dezaseis xornalistas que, asegura, xantaron co líder do PP o pasado 9 de febreiro 

Segundo os eurodeputados do PSOE, os populares "ábrense a considerar un indulto a Puigdemont nun plan de 'reconciliación' en liña co proxecto de amnistía proposto polo Partido Socialista"

 

 

Iratxe García Pérez, presidenta do grupo parlamentario Alianza Progresista de Socialistas e Demócratas en Europa, o pasado mes de xaneiro nun acto político na Coruña Iratxe García Pérez, presidenta do grupo parlamentario Alianza Progresista de Socialistas e Demócratas en Europa, o pasado mes de xaneiro nun acto político na Coruña
G24.gal 15/02/2024 13:14

A presidenta do Grupo de Socialistas e Demócratas no Parlamento Europeo, Iratxe García, informou este xoves a Comisión Europea do "cambio de postura" do PP e o seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, sobre a consideración dun indulto condicional ao expresidente catalán Carles Puigdemont nun plan de "reconciliación" para Cataluña.

A presidenta do grupo parlamentario socialista facilita á vicepresidenta comunitaria de Valores e Transparencia e ao comisario de Xustiza unha compilación dos artigos dos dezaseis xornalistas que, asegura, xantaron co líder do PP o pasado 9 de febreiro 

Nunha carta asinada tamén polo xefe da delegación socialista española na Eurocámara, Javier Moreno, García facilita á vicepresidenta comunitaria de Valores e Transparencia, Věra Jourová, e ao comisario de Xustiza, Didier Reynders, unha compilación dos artigos publicados polos dezaseis xornalistas que, segundo aseguran os socialistas na misiva, comeron con Feijóo o venres pasado.

Os dirixentes do PSOE na Eurocámara consideran que eses artigos poden ser "de interese" de Jourová e de Reynders "tras os recentes acontecementos políticos ocorridos a pasada fin de semana en España en relación con Cataluña e as informacións publicadas por varios medios sobre o cambio de postura do Partido Popular e o seu presidente, Alberto Núñez Feijóo".

Segundo os eurodeputados do PSOE, os populares "ábrense a considerar un indulto a Puigdemont nun plan de "reconciliación" en liña co proxecto de amnistía proposto polo Partido Socialista"

Segundo din os dous eurodeputados do PSOE, con este movemento os populares "ábrense a considerar un indulto condicional ao expresidente catalán Carles Puigdemont nun plan de 'reconciliación' para Cataluña en liña co proxecto de amnistía proposto polo Partido Socialista".

A mesma mensaxe tamén foi remitida á presidenta da Comisión de Venecia, Claire Bazy Malaurie; ao presidente da Comisión de Liberdades Civís, Xustiza e Asuntos de Interior do Parlamento Europeo, Juan Fernando López Aguilar, e á presidenta de Grupo de Vixilancia da Democracia, o Estado de Dereito e os Dereitos Fundamentais da Eurocámara, Sophia Int'Veld.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade