Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PSOE insiste nas críticas ao xuíz que instrúe o caso de Begoña Gómez

O PSOE insiste nas críticas ao xuíz que instrúe o caso de Begoña Gómez

Hazter Oír presentou unha nova querela contra a muller do presidente do Goberno

G24.gal 07/06/2024 14:44

Na recta final da campaña electoral, Begoña Gómez adquiriu un inesperado protagonismo. O propio presidente afirmou nun mitin que a el non lle "doen prendas" dicir que quere a súa muller e que vai defender a súa honorabilidade ante o que considera unha operación orquestrada pola oposición. Pedro Sánchez está convencido de que tentan "derribar" o goberno de coalición "con descalicacións, difamacións e bulos".

E nesa operación, os socialistas consideran que hai un colaborador necesario, o xuíz que instrúe a causa contra a muller de Sánchez. Critican que a citara en plena campaña. Para Luis Planas, ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, "é moi burdo o momento, o contido e a forma de coñecemento, a través dun medio de comunicación".

O xuíz Juan Carlos Peinado deféndese. Di que ningunha lei prohibe citar en períodos electorais persoas que non son candidatas. Tamén se pronunciará o Consello Xeral do Poder Xudicial, que vai reunirse o próximo luns para avaliar as críticas do presidente e dos ministros ao maxistrado.

O PP acusa o PSOE de atacar os xuíces. Segundo Alberto Núñez Feijóo, os socialistas "insultan os xuíces e a todos os que non lles digan o que queren oír". Na súa opinión, Pedro Sánchez quere "importar o populismo doutros continentes para trasladalo a Europa".

Este venres, a asociación Hazte Oír presentou unha nova querela contra Begoña Gómez por suposta apropiación indebida dun software da Universidade Complutense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade