O Rácing de Ferrol abre na Malata e contra a Cultural Leonesa a xornada galega da 1.ª RFEF
O Rácing de Ferrol abre na Malata e contra a Cultural Leonesa a xornada galega da 1.ª RFEF
O Rácing de Ferrol recibe as nove na Malata ao Cultural. Igualados a puntos na zona media. A única diferenza é a facilidade goleadora dos leoneses, levan 16 a favor. Pero os mesmos recibidos.
Albíscase pois un partido aberto, cun Rácing que recupera a David Rodríguez e que busca regularidade, sobre todo na casa, pola vía de mellorar o seu ataque.
Tamén igualados a puntos pero na zona alta e disputándolle o liderado ao Unionistas, mañá vanse cruzar o Rácing de Santander e o Deportivo. Históricos doutras categorías.
Despois de tres semanas sen gañar, o Deportivo volveu facelo e aspira manterse na boa liña. Terá que ser o primeiro en derrotar os cántabros no Sardinero.
Co pulo de máis dun milleiro de afeccionados deportivistas.
O Celta B, oitavo disposto a seguir subindo chanzos na táboa, recibirá tamén mañá o DUX Internacional de Madrid, o antepenúltmo clasificado, dirixido por Alfredo Santaelena.
Na canteira celeste as sensacións son cada vez mellores.
E esta tarde a Segunda Federación encherá de fútbol galego a G2 e a nosa web con tres partidos: O Arenteiro - Leganés B, o Bergantiños - Palencia Cristo, e mais o choque entre o Coruxo e o Salamanca.