O Rácing non ten piedade do Celta B (5-0)
O Rácing de Ferrol non tivo piedade do Celta B ao que lle gañou por 4-0. O equipo de Cristóbal Parralo encamiñou o partido aos 10 minutos, intre no que o central David Castro marcaba o primeiro gol.
Dani Nieto e Alayeto fixeron moito dano á defensa viguesa. Un penalti cometido sobre Nieto permitiulle a Joselu marcar o segundo tanto. Antes do descanso foi Alayeto o que aproveitou a oportunidade da titularidade para marcar o 3-0 a pase de Dani Nieto.
Lonxe de reaccionar na segunda metade, o Celta B viu como o Rácing aumentaba a vantaxe antes do minuto 60 cando David Rodríguez empurrou un centro de Alayeto. Co Celta B cos brazos abaixo apareceu Nathan para poñer o 5-0 definitivo no 86.
O Rácing suma a segunda vitoria consecutiva e gaña na Malata, o seu gran problema ata o de agora. O Celta B sufriu a segunda goleada da temporada, unha manciña igual que a de Riazor.