O Rácing busca a mellora e a vitoria contra o Eldense
O Rácing busca a mellora e a vitoria contra o Eldense
Tras o empate en Castalia, con pouco tempo de recuperación, o Rácing de Ferrol tratará de demostrar este domingo que os seus puntos débiles melloran. Principalmente o aspecto ofensivo. Cómpre gañar eficacia para saír dos postos de descenso. Nos últimos tres encontros o Rácing non marcou. Iso ten que cambiar para que na visita ao Eldense, a partir das seis e media da tarde, chegue a segunda vitoria fóra.
Unha xornada máis, o Rácing ten que facer fronte ás baixas. Na última sesión de preparación, os centrocampistas Manzanara e David Carballo uníronse á lista de ausentes xunto a Cabaco, Brais Martinez, Rober Correa e Jauregi.
Cristóbal recupera a Luis Perea e a Gelardo, aínda que con reservas, xa que veñen de estar lesionados, e tamén volve Aleksa Puric tras cumprir sanción por acumulación de cartóns.