Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Rácing de Ferrol xa estaba de vacacións

O Rácing de Ferrol xa estaba de vacacións

G24.gal 02/06/2024 17:47

Partido intranscendente para os dous equipos, o Andorra xa estaba descendido, e o Rácing de Ferrol levaba xa unhas semanas de vacacións, cando viu que as posibilidades de acadar os postos de promoción de ascenso era imposible.

A importancia do partido viuse reflectida no céspede, onde os dous equipos parecía que querían que pitase o árbitro o antes posible. Na primeira parte un remate a porta do Andorra, sen excesivo perigo, e ningún por parte do Rácing de Ferrol. 

Na segunda parte o comezo foi igual que os primeiros 45 minutos, pouca intensidade, moitos erros, desconexións... A primeira ocasión clara no 67 para o Andorra, nun córner botado ao primeiro pau que non remata o xogador do Andorra, toca nun defensor do Rácing de Ferrol e o balón pasa rozando o pau. Cando parecía que todo estaba encamiñado ao 0-0 inicial Lobete puxo un centro perfecto á cabeza de Aurelien Scheidler, que puxo o 1-0 que acabaría sendo definitivo. Iso si, na última xogada do partido Cantero, o porteiro, a piques estivo de meter o gol do ano de Segunda División, tras facer un remate acrobático que obrigou ao meta local a facer una espléndida parada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar