Jorge Pascual destapa as carencias do Rácing (2-0)
Jorge Pascual destapa as carencias do Rácing (2-0)
O equipo galego perdeu cun dobrete do dianteiro do Éibar
Os de Cristóbal volveron amosar os problemas á hora de xerar ocasións
Dous goles do dianteiro eibarrés Jorge Pascual acabaron coa resistencia do Rácing no campo do Éibar. En Ipurúa o equipo departamental volveu amosar as carencias amosadas desde o principio da temporada. Tentou ser sólido en defensa pero en ataque apenas xerou oportunidades e fialo todo ao empate sen goles é moi complicado diante dun rival coa calidade do vasco.
O primeiro tempo non pasará á historia. O Éibar viña de tres derrotas seguidas e esa falta de confianza notouse á hora de fiar fútbol. Ao Rácing chegáballe con non sufrir en defensa e na parte dianteira amosou pouco. O encontro cambiou radicalmente no inicio do segundo tempo. Ían corenta segundos de partido cando Jorge Pascual atinou para marcar o primeiro.
A partir de aí foi un querer e non poder do Rácing. Cristóbal foi metendo trocos -Señé ou Álvaro Giménez- pero non houbo maneira de ter chegadas con perigo. O Éibar aproveitou outra ocasión no 67 para que Pascual marcase o gol da tranquilidade. E estivo máis preto o terceiro local que o primeiro visitante -Pascual a piques acadou o hat trick cun remate ao pau-. A grande oportunidade do Rácing chegou no 80 nun remate de Álvaro Giménez. Habería tempo para buscar o empate pero o erro deixounos sen posibilidades.