O Racing domina pero non marca e acábao pagando
O Rácing pagou a súa falta de eficacia en Matapiñonera ante un San Sebastián de los Reyes que soubo agardar o seu momento para levarse a triunfo.
Os ferroláns foron superiores durante gran parte do partido, dispuxeron das mellores oportunidades, sobre todo no primeiro tempo, no que erraron ante a meta de Bañuz.
A cinco minutos do descanso, Dani Nieto dispuxo da ocasión máis clara a cinco minutos do descanso tras un centro de Candelas.
A segunda metade comezou coa mesma dinámica, con ataques racinguistas que se estrelaron contra Bañuz.
Cristóbal non se explicaba como o seu equipo podía perdoar tanto.
David Rodríguez tampouco acertou coa meta madrileño. Esta circunstancia aproveitouna o Sanse, para pouco a pouco irse arriba.
Pasada a media hora, Jime prologou o tanto local con este disparo que se foi pechando pouco a pouco.
Catro minutos despois, un centro de Jime aproveitao Borja Martínez para facer o tanto da vitoria nun fermoso e preciso remate que superaba a Gazzaniga.
O Racing dispuxo dunha última ocasión nesta cabezada de Nathan que saiu rozando o poste. Os ferroláns marcharon do campo frustrados e vencidos.