Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing estraga unha grande ocasión de puntuar en Santander

O Rácing estraga unha grande ocasión de puntuar en Santander

O equipo galego tivo moitas ocasións, incluído un penalti fallado por Joselu, e mereceu mellor sorte

G24.gal 26/01/2022 22:37

O Rácing de Ferrol perdeu unha grande oportunidade para puntuar no Sardinero. Perdeu por 1–0 malia que tivo moitas ocasións, sobre todo no segundo tempo, e que fallou un penalti. 

Antes do partido realizouse unha homenaxe ao cántabro Paco Gento, lenda do fútbol español, que tivo os seus inicios no Rácing de Santander. A primeira metade foi de moito rigor táctico, con poucas ocasións. O máis destacado chegou no treito final. No 42 e á saída dun córner, Satrústegui meteu a perna nun barullo na área galega para marcar o 1–0. Xusto na seguinte acción o cadro departamental tivo un penalti ao seu favor, pero Joselu atopou a grande intervención de Parera. 

O segundo tempo só tivo unha cor. A azul do segundo uniforme do Rácing de Ferrol. As ocasións foron caendo, pero nin Alayeto, nin Héber, nin Joselu, nin Nathan estiveron atinados para acadar o empate. 

Este resultado afasta definitivamente o Rácing de Ferrol da posibilidade de ascenso directo e terá que mellorar para non perder o ritmo dos cinco primeiros clasificados. O equipo santanderino confírmase como a alternativa ao dominio do Deportivo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade