Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Rácing non acerta nin de penalti (0-0)

O Rácing non acerta nin de penalti (0-0)

Álvaro Giménez fallou unha pena máxima á media hora do primeiro tempo na mellor ocasión do partido

G24.gal 22/11/2024 22:09

A falta de gol segue a ser o principal problema do Rácing de Ferrol. Contra o Levante mesmo gozou dun penalti ao seu favor pero o porteiro visitante Andrés Fernández adiviñou a intención de Álvaro Giménez e rexeitou a gran ocasión que tivo o cadro departamental para levar o triunfo. 

Comezou mellor no partido o Levante que acumulou achegamentos nos primeiros vinte minutos. Iván Romero e Pablo Martínez puxeron o nerviosismo na parroquia local. Respondeu o Rácing equilibrando o xogo e xerando o penalti desperdiciado. Antes do descanso o equipo visitante perdeu por lesión a Morales, un dos principais argumentos ofensivos. 

Na segunda metade baixou o número de ocasións. Os dous equipos priorizaron o traballo defensivo e concederon moi pouco ao rival. Dorrío e, sobre todo, un tiro de Buñuel levaron o perigo para o Rácing. No Levante foi Brugué o que o tentou sen éxito. 

A maior ovación do partido foi para o xogador das Pontes David Carballo. O canteirán entrou no minuto 83 e participou nos últimos dez minutos. A tres do final Bebé agarrou un gran lanzamento que rexeitou con moitos problemas Andrés Fernández no que foi a mellor opción galega en todo o segundo tempo. O Levante tamén tivo a súa no engadido cun gol de Carlos Álvarez que foi anulado por fóra de xogo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar