Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Rácing recupera a Sabin Merino para recibir o Leganés

O Rácing recupera a Sabin Merino para recibir o Leganés

O dianteiro levaba fóra dos campos desde finais de abril

Haberá un grande ambiente na Malata

G24.gal 24/05/2024 20:49

Aínda que necesita o tropezo dos rivais o Rácing mantén a esperanza de xogar o playoff. Quedan dous partidos por xogar, seis puntos en xogo e están a tres da promoción. A Malata estará a rebentar para recibir o domingo o Leganés que é o líder. Cristóbal recupera a Sabin Merino, un dos xogadores con gol no equipo que levaba fóra desde o 29 de abril, cando o Rácing perdera contra o Mirandés.

O cadro departamental xa fixo un gran partido diante do Leganés na primeira volta no que chegou a ir gañando por 0-2. O equipo pepineiro empatou cunha actuación arbitral moi polémica. O Leganés xógase boa parte das súas posibilidades de ascenso a Primeira División polo que para eles o partido é fundamental. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade