Cargando resultados...
O Rácing reforza a defensa coa chegada de Erick Cabaco
O Rácing reforza a defensa coa chegada de Erick Cabaco
O central uruguaio provén do Estoril Praia, onde xogou a última tempada
Ten experiencia en España en equipos como o Levante, o Granada e o Xetafe
Erick Cabaco. LEVANTE
G24.gal
15/07/2024 14:27
O Rácing de Ferrol anunciou a incorporación de Erick Cabaco. O central uruguaio de 29 anos chega á cidade departamental para reforzar a zaga, á que tamén incorporaron o serbio Aleksa Puric.
O charrúa chega do Estoril Praia, equipo portugués onde non xogou moito debido a unha lesión de gravidade no xeonllo dereito, que fixo que o xogador estivera apartado dos terreos de xogo case toda a tempada.
Cabaco ten experiencia no fútbol español, tanto na Primeira como na Segunda División. O uruguaio estivo no Levante, no Granada e tamén no Xetafe, disputando arredor de 80 partidos na máxima división nacional.