Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Rácing tenta acelerar o acordo con Cristóbal para a vindeira temporada

O Rácing tenta acelerar o acordo con Cristóbal para a vindeira temporada

"Estamos en conversas pero aínda non se pechou nada", confirmou o adestrador departamental

G24.gal 03/06/2024 14:56

O Rácing rematou no décimo posto da clasificación, a unha praza da que segue a ser a súa mellor clasificación histórica nunha Segunda División de 22 equipos. Cristóbal Parralo recoñece que está en conversas para renovar pero aínda non se chegou a un entendemento coa entidade.

O Rácing desperdiciou a ocasión de quedar no oitavo posto tras caer en Andorra. Poucas oportunidades e unha concesión, a que significou o tanto do Andorra. Cristóbal puxo un once de garantías, pero non foi suficiente. Na ultima acción do encontro Ander Cantero subiu ao remate e tivo a oportunidade de empatar tras o disparo de Iker Losada.

"O club ten que aprender como funciona a Segunda, saber o complicada que é e para consolidarse na categoría hai que facer as cousas moi ben" dixo en clave de futuro. Nos vindeiros días a directiva tentará renovar o que foi artífice do ascenso e que consolidou o equipo na categoría. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade