Publicador de contidos
Publicador de contidos

A derrota do Compostela contra o Vilalbés cústalles o posto a Manel e Manu Castiñeiras

A derrota do Compostela contra o Vilalbés cústalles o posto a Manel e Manu Castiñeiras

Dúas grandes accións de Santi Gegunde desnivelaron o partido

O Compostela non puido marcar nin cando o Vilalbés quedou con dez por expulsión de López

G24.gal 15/10/2023 18:04

O Racing Vilalbés levou o derbi do Vero Boquete e deixa o Compostela nunha situación moi perigosa. Os de Simón Lamas fixeron o seu partido e apoiáronse en dúas xogadas estelares de Santi Gegunde para asegurar a vitoria.

O primeiro tanto foi espectacular. Santi Gegunde roubou un balón no medio do campo, fixo un caneo e, sen darlle a Pato tempo para reaccionar, picoulle o balón con delicadeza desde 40 metros para abrir o marcador. Era o minuto catro da segunda metade, e os lugueses aproveitaron o estado de nerviosismo que atravesa o compostelanismo.

Quedou patente a vinte do remate. Foi entón cando unha acción de Isaac González lanzaba a xogada do segundo gol. Santi Gegunde asistía a Rares de xeito outra vez espectacular para a definición do dianteiro. 0-2 e apupos na bancada do Vero Boquete.

Defendendo a súa renda, o equipo de Vilalba quedou con dez no minuto 80. Foi logo dunha entrada de López na banda castigada con cartón vermello directo. Pero o Compostela non soubo tirar proveito da vantaxe, non deu creado ocasións claras, e no saque da infracción mesmo puido apañar o terceiro, pero Isaac topou con Pato.

O 0-2 final desatou os asubíos da bancada, e deixa a Manel Menéndez nunha situación moi complicada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos