O Raio Cantabria afonda na crise do Polvorín (2-0)
O Raio Cantabria afonda na crise do Polvorín (2-0)
O filial cántabro foxe a trece puntos dos galegos
É a sexta xornada consecutiva sen gañar
O Polvorín acumula xa seis xornadas sen gañar, logo da derrota no campo dun rival directo como o Raio Cantabria.
Os de Trashorras aguantaron o empate sen goles ata a hora de xogo, nunha primeira metade en que o filial cántabro deu o primeiro aviso serio aos sete minutos, cando un man a man de Ayoub marchaba fóra por moi pouco.
Na continuación, Mateo estrelaba un balón no pau, como preludio do primeiro tanto do partido. Este levou a sinatura de Dani González.
O Polvorín buscou o empate, consciente de que precisaba puntuar, pero non atopou de ningún xeito o camiño do gol. E este chegou xa na compensación, pero por medio de Neco Celorio. Un 2-0 que deixa os lugueses nunha situación moi comprometida.