Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Real Madrid replícalle a Laporta cun vídeo por consideralo "o equipo do réxime"

O Real Madrid replícalle a Laporta cun vídeo por consideralo "o equipo do réxime"

O club madridista lémbralle ao presidente do Barcelona as recualificacións obtidas con Franco ou os títulos gañados nesa época

G24.gal 18/04/2023 11:47 Última actualización 18/04/2023 11:56

A acusación lanzada o luns ao mediodía polo presidente do Barcelona, Joan Laporta, ao Real Madrid de ser “o equipo do réxime”, dentro da súa longa comparecencia ante os medios para dar explicacións sobre o caso Negreira, non tardou en atopar resposta desde as oficinas do Santiago Bernabeu.

Dez horas despois, o club branco difundiu a través das súas redes sociais un vídeo de máis de catro minutos e medio no que rexeita de plano esa imputación e, ademais, expón unha lista de favores que, segundo a gravación, recibiu a entidade azulgrá do franquismo. Unha réplica pública do Madrid deste calado resulta algo pouco habitual e profunda na crise aberta entre as dúas institucións, tamén polo sensible dun asunto político que continúa tan en carne viva na sociedade.

O vídeo comeza coas palabras de Laporta en que asegura que o Madrid foi “favorecido por decisións arbitrais historicamente e na actualidade, polas razóns que sexan”.“Un club que se considerou o equipo do réxime”, apuntou o máximo mandatario culé.

As declaracións serven de entrada para a gran pregunta que aparece sobreimpresionada na peza difundida polo Madrid: “Cal foi o equipo do réxime?”. Ao interrogante ségueno varias mensaxes que sinalan unha colección de axudas que concedeu o franquismo ao Barcelona, segundo a resposta madridista. “O Camp Nou foi inaugurado polo ministro xeral de Franco, José Solís Ruiz”, avanza o vídeo, cunhas imaxes do Nodo dese día da apertura do estadio, coa misa celebrada no céspede baixo os acordes do himno de España.

“O Barcelona outorgou a insignia de ouro e brillantes a Franco”; “O Barcelona nomeou socio de honra a Franco en 1965″; “O Barcelona condecorou en tres ocasiones a Franco”; “O Barcelona foi salvado tres veces da quebra con tres recualificacións por Franco”; e “O Barcelona gañou oito ligas e nove Copas do Xeneralísimo con Franco”, continúa o vídeo do Madrid, que sempre establece a relación Barcelona-Franco, e que apoia todo iso con gravacións da época —incluída unha dos xogadores do Barcelona co brazo no alto— e recortes de prensa.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar